Santiago, 2 de febreiro de 2022
Esta mañá, o centro comercial Carrefour acolleu o acto de entrega dos premios ‘O teu desexo para 2022’, un certame organizado pola Unión de Consumidores de Galicia co patrocinio de Carrefour e a colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
No evento participaron a Conselleira de Política Social, Dona Fabiola García, O Secretario Xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo, e os responsables de Carrefour Don Francisco Couso Cantos e Alejandro Puig, ademais do Director xeral de Familia, Jacobo Rey Sastre;
Esta segunda edición do certame ‘O teu desexo para 2022’ constaba de dúas categorías: unha destinada a nenos e nenas alumnos de escolas infantís de Galicia e outra dirixida aos menores de 12 anos acollidos en centros de protección de menores. A dotación de ambas as dúas categorías foi de 500 euros canxeables por xoguetes e material escolar en calquera centro Carrefour de Galicia.
O representante dos consumidores galegos, Miguel López, explicou que esta iniciativa naceu coa idea de ter en conta, nun contexto tan complexo como foi o de 2020 e 2021, aos máis pequenos así como a aqueles rapaces e rapazas que, por diversas circunstancias, estivesen en centros de acollida. “A resposta foi moi boa. Recibimos 60 candidaturas e unha resposta moi positiva por parte de todos os centros parcipantes”, sinalou López que agradeceu a implicación tanto de Carrefour como da Xunta de Galicia na realización deste certame.